Descripción
Pulseira brazalete feita a man con ilustración “Furancho” de 20 mm de diámetro.
Estrutura ríxida e base da ilustración feita dunha aliaxe de metais hipoalerxénica con baño en cor bronce antiga, libre de níquel e libre de chumbo. Abertura axustable para diferentes tallas de pulso e facer máis sinxelo poñer e quitar a pulseira.A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alta gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.
Axustable, de 16 a 19 cm de circunferencia.
Tamaño da ilustración:
20 mm.
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.