Descripción
Obra orixinal | Acrílico, tinta e cartón corrugado pegado sobre paspartú de cor negra.
Tamaño: 20x20cm (cartón 12x12x0,5cm / paspartú 20x20cm)
“Vaca Tóxica” forma parte da colección “Familia dos Cheiracús” unha serie de obras que mesturan a cultura galega e o universo distópico-tóxico do meu cadro “Os cheiracús”. En todos eles a máscara de gas actúa coma símbolo de perigo ambiental, máis tamén coma metáfora do perigo da perda da identidade e a alienación.
Envíase protexido con cartón en sobre de burbullas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.