Descripción
Obra orixinal | Collage e acrílico sobre taboleiro de madeira | A imaxe continúa no canto.
Tamaño: 2 pezas de 50x50cm cada unha (canto 4cm)
“Cuestiones de Física” (2011) é unha obra da serie “Iniciación en las Ciencias Físiconaturales”. O título desta colección de pezas está collido do manual de “Ciencias Cosmológicas” da ditadura co que están empapelados, e o nome de cada unha das obras corresponde a un capítulo do tomo: “Cuestiones de Física”, “Cuestiones de Química”, “Estructura de los Seres Vivos” e “Fisiología Humana y Animal”. O libro, do ano 1944, actúa coma telón de fondo silencioso para uns retratos de elementos do noso día a día que “repousan en tensión” sobre él, alleos, coma se non existira.
Se queres máis información podes utilizar o formulario de contacto ou escribir a info@iriaribadomar.com
Para as obras de maior tamaño, polo de agora, só está habilitada a recollida no taller (consultar para outras opcións de envío).
Reseñas
Aínda non hai valoracións.