Cociña | Pulseira brazalete

20,00

Debuxo da pota, o mandil de cados e os azulexos da Cociña da aboa. Feito por Iria Ribadomar.

Pulseira brazalete Axustable con cristal efecto lupa
Tamaño da ilustración: 20 mm de diámetro

Descripción

Pulseira brazalete feita a man con ilustración: “Cociña” de 20 mm de diámetro.

Un debuxo feito para a portada da axenda feminista do Observatorio da Mariña Pola Igualdade que na súa edición do 2020 titulouse Galegas Entre Fogóns e estaba adicada a homenaxear as cociñeiras galegas. Os azulexos do fondo son os da casa da miña aboa Maruja, e como protagonistas da escea están a mítica pota vermella e a bata mandil de cadros.

Estrutura ríxida e base da ilustración feita dunha aliaxe de metais hipoalerxénica con baño en cor bronce antiga, libre de níquel e libre de chumbo. Abertura axustable para diferentes tallas de pulso e facer máis sinxelo poñer e quitar a pulseira.A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alta gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.

Lonxitude da pulseira:
Axustable, de 16 a 19 cm de circunferencia.
Tamaño da ilustración:
20 mm.
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.
Os produtos de deica son artesanais, poden sufrir pequenas variacións nalgún dos seus compoñentes.Para unha información detallada sobre como coidar as túas pezas e conservalas por moito tempo en bo estado podes consultar as nosas recomendacións facendo click na seguente ligazón: Coidado das pezas