Condicións de uso e contratación

Por favor le atentamente as presentes condicións de contratación e a nosa política de privacidade antes de realizar o teu pedido. Se non estás de acordo con todas as condicións de compra e coa política de privacidade, non debes realizar ningunha compra. As condicións de contratación  aquí citadas, aplícanse a todas as transaccións realizadas en www.deicacreacions.com. O idioma do contrato de compra-venda utilizado é o Galego.

ACTIVIDADE

deica creacións é unha marca comercial encargada de manufacturar e vender complementos de bixutería deseñados con ilustracións da artista Iria Ribadomar. O acceso a www.deicacreacions.com e o seu uso, está regulamentado polas presentes condicións de uso e de venda. O acceso a este sitio Web, o seu uso e a compra de artigos en deicacreacións presupoñen a lectura, o coñecemento e a aceptación das presentes condicións xerais.

Se desexas coñecer máis detalles de tipo legal, consulta os apartados de política de privacidade e dereito de retractación de deicacreacións. Ademais, podes visitar a área de A MIÑA CONTA, onde atoparás información adicional acerca dos pedidos, envíos, reembolso e devolución dos produtos adquiridos en www.deicacreacions.com así como outra información de interese.

deicacreacións poderá modificar ou actualizar en todo ou en parte as presentes condicións xerais, tendo en conta os eventuais cambios da lexislación e as normas vixentes. Cada nova versión das Condicións Xerais de Uso e Contratación  será efectiva a partir da data da súa publicación en deicacreacións. Por favor, revisa estas condicións xerais a miúdo. Se non estás de acordo con calquera cambio que se poida producir nas condicións xerais, debes de deixar de utilizar esta Web.

Para usar algún dos servizos ou algúns apartados dispoñibles nesta Web, necesitarás rexistrarte. Pode ser que cambiemos a información requirida para o teu rexistro de cando en vez. Cando te rexistres, requiriráseche certa información persoal que debe ser verdadeira, precisa, actual e completa en todos os aspectos. Se algún dos datos que proporcionaches ao rexistrarte cambia, por favor cámbiaa dentro A MIÑA CONTA.

O cliente é o único e exclusivo responsable do uso de www.deicacreacions.com e dos seus contidos, e deicacreacions non poderá ser considerada responsable de ningún uso do sitio Web ou dos seus contidos por parte de cada un dos usuarios que non respecte a lexislación e as normativas vixentes. O usuario é o único e exclusivo responsable da comunicación de información e datos incorrectos, falsos ou relativos a terceiros (en caso de que estes non expresasen o seu consentimento ao respecto), así como do uso incorrecto destes. En caso de observar que se estean a levar a cabo actividades ilegais, ou se estean a violar estas condicións xerais, reservámonos o dereito a denegar o teu acceso a esta Website ou a calquera parte desta, sen notificación.

  1. CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA

* deicacreacións ofrece a venda dos seus produtos a través dewww.deicacreacions.com só a consumidores finais. Esta Website é para o teu uso persoal exclusivamente.

Consumidor final é calquera persoa física que compra en deicacreacións con fins distintos a actividades empresariais, comerciais ou profesionais. deicacreacións non atenderá encargo na tenda de www.deicacreacions.com que non sexa realizado por un consumidor final.

Aqueles profesionais e/ou empresarios que desexen comprar a deicacreacións, poden poñerse en contacto no correo electrónico info@deicacreacions.com ou polo formulario de contacto.

* deicacreacións resérvase o dereito a modificar a oferta comercial en calquera momento do seu Website (modificacións sobre prezos, produtos, promocións, e outras condicións comerciais e de servizo). Estas modificacións non afectarán en ningún caso ás compras xa realizadas.

* Os prezos expostos nesta páxina Web para países da Unión Europea levan incorporado xa o IVE que no seu caso sexa procedente aplicar, polo que non terás ningunha recarga adicional.

Os prezos que aparecen na Web para países fóra da Unión Europea non inclúen IVE. Ao recibir o teu paquete, terás que facer fronte a unha recarga de impostos e alfándegas.

Podes contactar coas oficinas de alfándegas do teu país para solicitar información detallada acerca destes gastos. Se decides rexeitar a túa compra realizada en deicacreacions.com unha vez chegue o paquete, terás que facerte responsable dos gastos de envío orixinais, calquera imposto ou cargo de alfándegas aplicado ao teu pedido así como do custo de envío do paquete de volta ao noso taller. Esta cantidade deducirase do importe a devolver do teu pedido. Estamos obrigados por lei a declarar o valor exacto dos contidos do paquete e non podemos alteralo de ningún xeito.

1.1 Pechar un contrato de Compra-Venda con deicacreacións

Para facer unha compra, debes engadir os produtos que te interesen no ‘carro’ e seguir os pasos que se definen na Web. Para pechar un contrato de venda con deicacreacions.com tes que encher o formulario de pedido que poñemos á túa disposición en formato electrónico e transmitír-no-lo seguindo todos os pasos.

Dende o formulario de encargo poderás ter acceso ás condicións xerais, dereito de retractación, política de privacidade, prezo e descrición dos produtos seleccionados, modalidades de envío e gastos destes mesmos.

O contrato con deicacreacións péchase no momento en que recibimos de forma telemática o teu pedido e comprobemos o pagamento e a veracidade de todos os datos. Deicacreacións cancelará automaticamente calquera pedido cando non se produza o pagamento do mismo nun prazo de 24hs hábiles.

Antes do envío do teu pedido, te invitamos a ler as condicións xerais e poderás cambiar os teus datos se non son correctos.

Tras o envío telemático do teu pedido aparecerá-che unha pantalla informándote do número de pedido e de que o pedido foi realizado, recomendámosche que imprimas esta pantalla por se non te chegase o correo electrónico que emitimos automaticamente informándote da confirmación do teu pedido e o número que lle corresponde.

deicacreacións pode absterse de realizar pedidos que non teñan garantías de solvencia, que estean incompletos ou en caso de que os produtos non estean dispoñibles. En calquera destes casos se te comunicará por correo electrónico que o contrato non foi pechado comunicándoche as razóns polas que non puido levarse a cabo. No caso de que previamente a detectar o problema, o formulario de pedido fose transmitido e aboado, enviaráseche un aboamento do que xa anticipases.

Cando nos transmites o formulario de pedido estás a aceptar as condicións xerais, a Política de Privacidade, dereito de retractación e todos os contidos de deicacreacions.com Se tes algunha dúbida ou non estas de acordo non transmitas o formulario.

1.2 Forma de pagamento

Ao formular o pedido, o cliente utilizará a pasarela de pagamento seguro de PAYPAL. Non é necesario ter unha conta en PAYPAL para poder pagar, podes pagar utilizando a túa tarxeta de crédito unha vez ingreses á pasarela de pagamento de PAYPAL ou pagar dende a túa propia conta de PAYPAL.

O cliente tamén poderá realizar o pagamento mediante transferencia bancaria, ingresando o diñeiro no número de conta que se detallará unha vez finalizado o pedido, co seu correspondente número de pedido para poder ser identificado correctamente.

1.3 Forma, gastos e prazo de envío

Todos os pedidos se enviarán por Correo Certificado, con número de seguimento. Se no momento da entrega, non te atopas no teu domicilio, podes pasar a recollelo pola oficina de correos que che corresponda. deicacreacións prepara os pedidos unha vez recibido o pagamento, o tempo de manufacturación non adoita exceder os 2 días hábiles. No momento de recibir o teu pedido, informarémoste de calquera rotura de stock que puidese producirse e do prazo estimado. Unha vez enviado, o tempo de entrega será de 2 a 3 días laborais aproximadamente para destinos estatais e de 1 a 3 semanas para destinos internacionais.

O importe do envío para Península e Baleares será calculado automaticamente actualizar a cesta da compra. Para Envíos a Ceuta, Melilla, Illas Canarias e Envíos Internacionais debes poñerte en contacto previamente por correo electrónico info@deicacreacions.com ou mediante o formulario de contacto habilitado en deicacreacions.com

O enderezo de envío será o que se indique no pedido. Se este é incorrecto ou incompleto, non nos facemos responsables de substituír o pedido se o paquete se perde. Os envíos chegan na inmensa maioría dous casos, pero a tarifa de envío certificado non inclúe o seguro por perda do paquete e ou seu contido. Deicacreacións non se responsabiliza se o envío non chega a destino. Se queres asegurar o contido ponte en contacto connosco, por un prezo extra podes contratar o seguro de correos.

Non nos facemos responsables dos posibles custos de alfándegas, gastos de tramitación ou calquera outro cargo extra que puidese emitir o país destino.

Se prefires calquera outra modalidade de envío (por exemplo envío URXENTE ) por favor ponte en contacto connosco por correo electrónico info@deicacreacions.com ou mediante o formulario de contacto habilitado en deicacreacions.com.

1.4 Packaging

deicacreacións prepara a túa peza protexéndoa para que chegue en perfectas condicións; utilizamos, xeralmente, papel burbulla reutilizado. Os productos de Xoiería de deciacreacións van envoltos nunha caixiña de cartón kraft , (agás o “broche imperdible”) preparados para facer un agasallo . As láminas e o “broche imperdible” de deicacreacións van protexidas e envoltas nun sobre de papel kraft. Existe a posibilidade de enviar xunto ao teu pedido para regalo, unha tarxeta personalizada coa mensaxe que desexes. Se é o caso, ponte en contacto connosco en info@deicacreacions.com para que poidamos axudarte a incluíla no teu paquete sen ningún custo adicional.

1.5 Sobre as Pezas

deicacreacións non vende produtos de segunda man, produtos danados ou produtos de baixa calidade de acordo aos estándares correspondentes que se ofrecen no mercado. As características de cada produto amósanse dentro das súas fichas correspondentes en deicacreacions.com. Os produtos de deicacreacións están feitos a man e poden sufrir lixeiras variacións nos seus compoñentes (tipo de cadea, tipos de peche, forma ou tipo de abelorios e adornos) derivadas da dispoñibilidade de material no momento da súa realización. Estás lixeiras variacións nunca alterasen significativamente o deseño e nunca atinxen ao tipo de ilustración elixida. As pezas rematadas poden presentar pequenas e sutís imperfeccións propias dun produto artesanal.

Os produtos que se ofrecen na web de deicacreacions.com poden non corresponder cos detalles reais dos produtos dado que as imaxes dos produtos poden verse diferentes dependendo do monitor ou o navegador de web utilizado.

1.6 Atención ao cliente

Para obter calquera aclaración, poñer unha reclamación ou se xorde algunha incidencia relacionada co teu pedido, podes poñerte en contacto connosco mandando un correo electrónico ó enderezo info@deicacreacions.com ou mediante o formulario de contacto habilitado en deicacreacions.com

1.7 Dereito de retractación. Devolucións.

En deicacreacións preocúpanos a satisfacción dos nosos clientes. Se por algunha razón non estás plenamente satisfeito, tes a posibilidade de exercer o teu dereito de retractación dentro dun prazo de 10 días laborais a partir da data na que recibiches o pedido. Por cuestión de hixiene non se aceptan devolucións de Pendentes.

Para devolver un pedido tes que escribir a devolucions@deicacreacions.com dentro destes 10 días naturais.

O teu dereito de retractación está suxeito ás seguintes condicións:

* Debes poñerte en contacto con devolucions@deicacreacions.com para obter o teu Número de Devolución e informarnos dos artigos que desexas devolver.

* Os produtos deben devolverse intactos; non poden estar usados, nin danados.

* Os produtos devolveranse na súa embalaxe orixinal.

* Os produtos dun mesmo pedido débense devolver nun mesmo envío, non aceptamos en ningún caso recibir devolucións dun mesmo pedido por separado.

A túa devolución debe cumprir todas estas condicións para que sexa aceptada.

En caso de que a túa devolución non cumpra estas condicións e non sexa aceptada, deicacreacións poñerase en contacto contigo para ofrecerche a opción de devolverche os artigos que non foron aceptados.

Todos os gastos que xere esta devolución, incluído o transporte destes artigos, taxas ou impostos de alfándegas correrán pola túa conta. Se non aceptas esta opción deicacreacións pode quedar cos artigos e co importe destes.

No momento en que deicacreacións comprobe que todas as condicións arriba citadas son cumpridas, mandarémosche un correo electrónico informándote da aceptación da devolución.

A partir desa data temos 30 días laborais para a devolución do importe da túa compra. Non se devolverán en ningún caso os gastos de envío.

Os artigos devoltos correctamente e sen danar se reembolsarán na mesma conta PayPal ou conta bancaria coa que se comprou o pedido, incluíndo IVE e excluíndo os gastos de envío.

Só se devolverán os gastos de envío en caso de que os motivos da devolución sexan imputables a deicacreacións, como por exemplo que o artigo non sexa o que pediras ou que estea defectuoso. A devolución farase a través do medio de pagamento que utilizaches.

Para máis información sobre devolucións e sobre o procedemento por favor consulta en devolucions@deicacreacions.com

1.8 Seguridade e confidencialidade

deicacreacións garante a seguridade e confidencialidade en todas as comunicacións cos seus clientes. Todas as operacións de pagamento online se realizan a través dun servidor seguro (pay pal) baseado no estándar SSL que protexe os datos fronte a intentos de violación por parte de terceiros. deicacreacións garante a protección e confidencialidade dos datos persoais, domiciliarios, de pagamento e de calquera outro tipo que nos proporcionen os nosos clientes de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de Decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal. Poderás obter máis información acerca de como tratamos os teus datos persoais accedendo á política de privacidade.