Publicado o

Sorteo “O meu deica!” Colección 2017

Bases do sorteo:

Sortearanse dous pezas e unha lámina a escoller dentro da Colección 2017 de deica!

Requisitos:

1 – Segue a deica! en Instagram

2 – Comparte unha foto da túa peza de deica! mencionando no comentario: @deica_creacions

O prazo para subir as túas fotos empeza o venres 31 as 00:00 e remata o Domingo as 23:59.

O sorteo terá lugar o longo do luns 3 de abril e informaremos a través das redes sociais o nome da persoa agraciada.

 

 

Publicado o

Lanzamento nova colección 2015

deica! Crece con cada nova colección. Temos o pracer de presentar as novas ilustracións que nos acompañarán a partir de agora, sumándose as anteriores e formando parte da familia de deica!

colección 2015 deica

Nas seguintes entradas falaremos máis sobre cada unha. Desta vez están deseñadas a partir de varias temáticas:

-As mulleres loitadoras e traballadoras, como son a nosa querida Rosalía e a tódalas mulleres que saen adiante no día a día como Labrega e Mariscadora.

-A música, que non podía faltar na nova colección de deica! para amliar a nosa banda sonora con novas incorporacións como Sachadeira e Tamborileira.

-E a natureza, algo central na nosa identidade, con unha influencia transcendental no noso carácter e na nosa filosofía. Con Toxo, Carballeira e lique teremos o pracer de levala sempre con nos.

Publicado o

1000 !

Hai un par de meses superamos os 1000 fans na nosa páxina de facebook. Para celebralo, fixemos un sorteo dundeica! KIT” Formado por:  un colgante + un par de pendientes+ unha lámina edición limitada asinada por Iria Ribadomar.
Grazas ás persoas que participaron, puidemos chegar a mais xente que aínda non coñecía o noso traballo, dándolle así a benvida a mais de 100 fans novos que se sumaron a apoiar o noso traballo.

A gañadora do Sorteo puido elixir unha de entre as ilustracións dispoñibles, e o seu premio xa está nas súas mans. 
A moza dos “brazos en xerra”
Publicado o

deica! creacións na tenda Cincelaser

Xa hai uns meses que a tenda de agasallos personalizados con láser Cincelaser apostou polas nosas creacións, nun primeiro momento coa nosa Colección 2013 e dende onte, tamén podedes encontrar Colección 2014, da que forma parte, entre outras ilustracións, o noso “Pulpo”.
Presentámosvos como quedaron colocados os deicas xa listos para que poidades pasar a visitalos na Rúa Manuel Quiroga 3 de Pontevedra (Na Zona Vella). 
Tamén podedes botar un ollo e reservalos dende a súa Tenda Online.



Publicado o

Sorteo Primeiro Aniversario

Temos sorteo ata o 20 de maio na nosa páxina do facebook.
O premio é o colgante mediano da foto, coa ilustración “pulpo”.
Para participar, hai que seguir 3 pasos.
1-darlle a “gústame” á nosa páxina de facebook.
2-Darlle “gústame” á imaxe do sorteo.
3-Compartir no propio muro de xeito PÚBLICO.
Listo! agora a esperar e ter sorte.


 Sorteo
Publicado o

Feira da Primavera do barrio de San Pedro

Voltamos a Festas Barrio de San Pedro – Santiago de Compostela
Logo de unha fin de semana de traballo na Feira da Aña Urbana da A.C Trepia ( e celebración do noso primeiro aniversario), comezamos o luns traballando para telo todo listo para o vindeiro sábado 3 de maio.
A foto é do noso paso pola Feira de Verán do Barrio do ano pasado.
Agardámosvos en Santiago de Compostela!