O fin de semana do 14 e 15 de decembro, deica! estivo no Mercado da Estrela de Santiago de Compostela.
O sitio adxudicado pola organización para o noso stand foi o espazo do Claustro do Museo do Pobo Galego, un entorno privilexiado e de gran beleza para achegar as nosas creacións ás visitas.
A estrutura do stand é facilitada pola organización e consistiu nunha estantería estilo “casiña” máis unha mesa con mantel e coroa de nadal.
Con ese punto de partida, o deseño e a colocación do produto correu pola nosa conta, conseguindo trasladar a nosa imaxe e concepto de marca.
O resultado podedes velo nas fotos.
Foi Unha semana de traballo intensivo que valeu a pena, xa que o resultado non
puido ser mellor, e a experiencia, un éxito: polas visitas, polos compañeiros creadores, polas conversas…e por todos aqueles que se achegaron a dicirnos que gustaban moito do que facemos. |
Dende deica! queremos darvos as gracias a aquelas persoas que agasallarán nosas creacións nestas datas.
deica logo!