Descripción
Reproducción artística asinada a man da ilustración “As Dúas (en punto)“. Un debuxo feito para o cartaz das Festas da Ascensión do ano 2019. O retrato de dúas rapazas como se fosen “As Marías modernas” desfrutando da festa, facéndose un “selfi” na alameda de Santiago de Compostela, coa noria de fondo. Quería homenaxear ás irmás Maruxa e Coralia Fandiño, “As dúas en Punto” e que non esquecezamos o que o que elas pasaron, pasoulles tamén e séguelle a pasar a moitas mulleres nesta sociedade patriarcal.
Tamaño: A4 (21×29,7cm)
Papel 100% algodón libre de ácidos | 240g/m2 | Mate | Branco natural | Superficie de textura suave.
Impresión Giclée
Impresión artística de alta definición mediante inxección de tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papeis e lenzos especiais para a reproducción de obras de arte. Ponse especial atención á xestión da cor para acadar resultados fieis á obra de orixe, con tons intensos e estables ao longo do tempo. Polas características do proceso e dos materiais utilizados acádanse obras de longa duración cun excelente comportamento ao paso dos anos.
Envíase protexido con cartón en sobre de burbullas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.