Camiño – Láminas e Lenzos

12,0038,00

Reproduccións artísticas asinadas a man.
Láminas 15×20 / A4 (21×29.7cm)
Lenzo 30x40cm (+marxe 5cm)

Descripción

“Camiño”  é unha ilustración nacida no marco das celebracións do Día da Ilustración do 2021.  Cando a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración ( AGPI)  convidounos a catro ilustradoras a  achegarnos á homenaxeada nese ano, Lolita Díaz Baliño, a través dunha obra relacionada con ela e o seu traballo.  Esta ilustración, que mestura debuxo e collage dixital,  foi o resultado do meu intento de diálogo “onírico” con esta xenial pintora e ilustradora do S.XX, e está inspirada na súa “Peregrina”. Aquí, convertida nunha das persoas dos “Cheiracús” que deixa atrás unha distopía para construír un futuro “fora dos marcos”.  Podedes saber máis sobre o proceso de creación desta ilustración neste o vídeo explicativo.

Características:
Láminas:
Reproducción en papel 100% algodón libre de ácidos | 240g/m2 | Mate | Branco natural | Superficie de textura suave.
(Sen marxes, cortadas á sangue)
Lenzos: Reproducción en lenzo 100% algodón | 440g/m2 | Mate | Branco intenso | Superficie con textura de grao medio.
(Marxe perimetral de 5cm en branco, para montaxe en bastidor. Bastidor non incluido)

A Impresión Giclée é un tipo de impresión artística de alta definición mediante inxección de tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papeis e lenzos especiais para obras de arte. Con especial atención á xestión da cor, mantendo a fidelidade coa obra de orixe e acadando tons intensos e estables ao longo do tempo. Polas características do proceso e dos materiais utilizados acádanse obras de longa duración cun excelente comportamento ao paso dos anos.

Características dos envíos:
As Láminas envíanse protexidas con cartón en sobre de burbullas.
Os Lenzos envíanse protexidos con papel de seda enrolados nun tubo de cartón de 50×5,5cm de diámetro.

 

Información adicional

Dimensións N/D

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Camiño – Láminas e Lenzos”

Tamén che recomendamos…