Cociña | Chaveiro

18,00

Debuxo da pota, o mandil de cados e os azulexos da Cociña da aboa. Feito por Iria Ribadomar.

Chaveiro con cristal efecto lupa
Tamaño da ilustración: 18 x 25 mm

Descripción

Chaveiro feito a man con ilustración “Cociña” de 18×25 mm, cadea grosa e anel para poñer as chaves.

Un debuxo feito para a portada da axenda feminista do Observatorio da Mariña Pola Igualdade que na súa edición do 2020 titulouse Galegas Entre Fogóns e estaba adicada a homenaxear as cociñeiras galegas. Os azulexos do fondo son os da casa da miña aboa Maruja, e como protagonistas da escea están a mítica pota vermella e a bata mandil de cadros.

A base do chaveiro está feito dunha aliaxe de metais hipoalerxénica con baño en cor bronce antiga, libre de níquel e libre de chumbo.
A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alto gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.
Longo total do chaveiro:
10 cm.
Tamaño total do colgante:
22×37 mm.
Tamaño da ilustración:
18×25 mm.
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.
Os produtos de deica son artesanais, poden sufrir pequenas variacións nalgún dos seus compoñentes.Para unha información detallada sobre como coidar as túas pezas e conservalas por moito tempo en bo estado podes consultar as nosas recomendacións facendo click na seguente ligazón: Coidado das pezas

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Cociña | Chaveiro”