Cociña | Colgante pequeno

18,00

Debuxo da pota, o mandil de cados e os azulexos da Cociña da aboa. Feito por Iria Ribadomar.

Colgante pequeno con Cristal efecto lupa
Tamaño da ilustración: 22 x 30 mm

Descripción

Colgante ovalado pequeno feito a man con ilustración “Cociña” de 22×30 mm.

Un debuxo feito para a portada da axenda feminista do Observatorio da Mariña Pola Igualdade que na súa edición do 2020 titulouse Galegas Entre Fogóns e estaba adicada a homenaxear as cociñeiras galegas. Os azulexos do fondo son os da casa da miña aboa Maruja, e como protagonistas da escea están a mítica pota vermella e a bata mandil de cadros.

Peche de mosquetón e cadea.
A base do colgante e a cadea están feitos dunha aliaxe de metais hipoalerxénica con baño en cor bronce antiga, libre de níquel e libre de chumbo.
A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alta gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.
Longo total da Cadea:
60 cm.
Tamaño do colgante:
25×50 mm.
Tamaño da ilustración:
22×30 mm.
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.
Os produtos de deica son artesanais, poden sufrir pequenas variacións nalgún dos seus compoñentes.Para unha información detallada sobre como coidar as túas pezas e conservalas por moito tempo en bo estado podes consultar as nosas recomendacións facendo click na seguente ligazón: Coidado das pezas

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Cociña | Colgante pequeno”