Cociña | Lenzo

40,00

Debuxo da pota, o mandil de cados e os azulexos da Cociña da aboa. Feito por Iria Ribadomar.

Reproducción artística asinada a man.
Impresión sobre lenzo.

Tamaño:
30 x 40 cm ( + 5 cm de marxe branco para montar en bastidor)
Dispoñible tamén en láminas >> Aquí <<

Descripción

Reproducción sobre lenzo coa ilustración: Cociña de Iria Ribadomar .

Un debuxo feito para a portada da axenda feminista do Observatorio da Mariña Pola Igualdade que na súa edición do 2020 titulouse Galegas Entre Fogóns e estaba adicada a homenaxear as cociñeiras galegas. Os azulexos do fondo son os da casa da miña aboa Maruja, e como protagonistas da escea están a mítica pota vermella e a bata mandil de cadros.

Características:
Reproducción en lenzo 100% algodón | 390g/m2 | Mate | Branco intenso | Superficie con textura de grao medio.
Marxe perimetral de 5cm en branco, para montaxe posterior en bastidor (bastidor non incluido).

A Impresión Giclée é un tipo de impresión artística de alta definición mediante inxección de tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papeis e lenzos especiais para obras de arte. Con especial atención á xestión da cor, mantendo a fidelidade coa obra de orixe e acadando tons intensos e estables ao longo do tempo. Polas características do proceso e dos materiais utilizados acádanse obras de longa duración cun excelente comportamento ao paso dos anos.

Características dos envíos:
Os Lenzos envíanse protexidos con papel de seda nun tubo de cartón reciclado de 50cm de lonxitude e 5,5cm de diámetro: ver imaxe.