Bilitroques | Pulseira de cadea

20,00

Pulseira cadea
Ilustración Ø20mm
Axustable

Descripción

Pulseira de cadea feita a man con ilustración “Bilitroque” de 20 mm de diámetro e peza en forma de lazo.

Peche de mosquetón e cadea de extensión para axustar a diferentes tallas de pulso e facer máis sinxelo poñer e quitar a pulseira.
A base da pulseira, a cadea e a peza están feitos dunha aliaxe de metais hipoalerxénica con baño en cor bronce antiga, libre de níquel e libre de chumbo.
A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alta gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.
Lonxitude da pulseira:
Axustable, longo total 20 cm.
Tamaño da ilustración:
20 mm.
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.
Os produtos de deica son artesanais, poden sufrir pequenas variacións nalgún dos seus compoñentes.Para unha información detallada sobre como coidar as túas pezas e conservalas por moito tempo en bo estado podes consultar as nosas recomendacións facendo click na seguente ligazón: Coidado das pezas

 

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Bilitroques | Pulseira de cadea”