Descripción
Reproducción artística asinada a man da ilustración “Serea Tóxica“. A primeira versión que fixen do escudo da Serea de Castelao, engadíndolle o raxo de polbo e a máscara de gas, tamén é o debuxo que inaugura a colección “Familia dos Cheiracús” unha serie de obras que mesturan a cultura galega e o universo distópico-tóxico do meu cadro “Os cheiracús”. En todos eles a máscara actúa coma símbolo de perigo ambiental, máis tamén coma metáfora do perigo da perda da identidade e a alienación.
Tamaño: 21 x 21 cm
Papel 100% algodón libre de ácidos | 240g/m2 | Mate | Branco natural | Superficie de textura suave.
Impresión Giclée
Impresión artística de alta definición mediante inxección de tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papeis e lenzos especiais para a reproducción de obras de arte. Ponse especial atención á xestión da cor para acadar resultados fieis á obra de orixe, con tons intensos e estables ao longo do tempo. Polas características do proceso e dos materiais utilizados acádanse obras de longa duración cun excelente comportamento ao paso dos anos.
Envíase protexido con cartón en sobre de burbullas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.