Descripción
Obra orixinal | Acrílico e tinta en cartón corrugado pegado sobre paspartú de cor negra.
Tamaño: 20x20cm (cartón 12x12cm / paspartú 20x20cm)
“Serea Tóxica” é unha versión da serea de Castelao e forma parte da colección “Familia dos Cheiracús”, unha serie de obras que mesturan a cultura galega e o universo distópico-tóxico do meu cadro “Os cheiracús”. En todos eles a máscara de gas actúa coma símbolo de perigo ambiental, máis tamén coma metáfora do perigo da perda da identidade e a alienación.
Envíase protexido con cartón en sobre de burbullas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.